No concello da Veiga o domingo dez de xullo, presentarase o numero 7 , desta vez a portada e obra do grandisimo pintor Paco Ascón, veciño de Xares, en palabras do propio pintor:»Onde a beleza sempre te sorprende.»
Nesta ocasión medio cento de colaboradores, autores e amigos do colectivo Nós a Xente do Redor, compartiran xornada coas xentes deste fermoso concello e con outros persoeiros chegados de distintos puntos de Galicia.
Os actos celebraranse na Sala de Conferencias do Toural e o remate da presentación da revista farase un recorrido polo fermoso pobo,para disfrute dos visitantes
Haberá un comida de fraternidade e o remate unha charla coloquio baixo o titulo:» Implicacións culturaís e ensino, tradición e desenvolvemento no medio rural» coa participación do alcalde da Veiga Juan Anta, Benito Eladio Rodriguez, escritor, poeta e adegueiro, Carlos Xabier Ares, investigador social, Cesar Luis Santamarina, economista e escritor,Piedad Valencia mestre xubilada con grande que experiencia no medio rural, Paco Ascón, pintor,escritor e vivindo en Xares(A Veiga), Adela Figueroa, licenciada en Ciencias Bioloxicas pola Universidade de Santiago, catedrática de Bioloxia-Xeoloxía, escritora e poeta, Avelino Jácome, empresario ourensan do sector da Publicidade e a Comunicacion editor e escritor.