|
Este luns 28 no acto de entrega das medallas Castelao da Xunta de Galicia en Compostela as traballadoras do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar volveron defender os seus postos de traballo. As traballadoras convocadas pola CNT protestaron ás portas do pazo de congresos de Compostela por volta de 3 horas e fixéronse sentir diante de autoridades e homenaxeadas no acto institucional con berros de “Feijóo escoitas tes o consorcio en loita” ou ”Non ao ERE de mulleres”. Ben preto sentiron os berros na súa entrada a Conselleria de Política Social, e un apurado presidente Feijóo que xa non se deixóu ver á saída do acto. A animada concentración fai parte da estratexia posta en marcha desde a Sección sindical de CNT no Consorcio galego IeB de incrementar as protestas na rúa para dar visibilización á súa problemática laboral.
Desde CNT anúncianse novas mobilizacións toda vez que Xunta e xerencia do Consorcio fan caso omiso das xustas peticións de diálogo solicitadas polas traballadoras. A seguinte protesta será este mesmo mércores 30 ás 19h diante da Delegación do goberno en A Coruña coa convocatoria a nivel estatal de protesta contra a reforma do EBEP que pretende o Ministro Iceta. |
No hay comentarios
Piquete das temporais do Consorcio IeB nas medallas Castelao
El Consistorio Digital no se responsabiliza del contenido de los artículos remitidos o de opinión, siendo cada autor responsable de sus propias creaciones.