No hay comentarios

Mesa Estatal pola Blindaxe das Pensións (MERP)

 

Logo de 8 anos de campaña, a Mesa Estatal pola Blindaxe das Pensións recollemos 2.615.361 firmas que hoxe entregamos nas defensorías de todo o país. No 2018 foron un millón e medio, e hoxe aproximámonos aos 3 millóns de firmas que apostan por blindar as pensións na Constitución.

 

O vindeiro sábado 13 de novembro ás 12h da mañá dende a Porta do Sol ata o Museo Reina Sofía, convocamos unha manifestación ampla e unitaria á que chamamos a acudir a toda a cidadanía, a quen non aceptamos a privatización do Sistema Público de Pensións. Esta é unha aposta de futuro, un paso estructural que leve as pensións ao máximo rango de protección legal que existe na nosa sociedade.

 

Vivimos un periodo de debate en torno a unha reforma das pensións, e as organizacións que pertencemos á Mesa Estatal pola Blindaxe das Pensións defendemos diferentes posicións ante ela, distintas alternativas sobre como hai que financiar as pensións ou revalorizalas, pero hai unha cousa que nos une a todas, hai que introducir na Constitución a prohibición expresa de privatizalas e de que perdan poder adquisitivo.

 

Nos últimos días xa son máis de 150 personalidades do mundo da Cultura as que se sumaron á convocatoria do sábado 13 de novembro na Porta do Sol, e somos case 400 organizacións. É unha manifestación que pretende unir e sumar, deixar as diferenzas ao carón, emplazarnos ao debate, pero con unidade nun punto que debe converterse nunha seguridade para o conxunto da sociedade.

 

Actualmente as pensións non son un dereito constitucional. O artigo 50 está incluído no capítulo Terceiro, que é o dos “principios rectores da vida económica e social”, que son recomendacions, non dereitos de obrigado cumprimento e aplicación, algo así como “dereitos orientativos” que non constitúen un mandato para os poderes públicos. A revalorización das pensións non é unha obrigación, como non o é o mantemento e desenvolvemento do carácter público das pensións. E debe selo.

 

Por iso, son cada vez máis organizacións, sectores, e profesionais quen demandan a blindaxe das pensións na Constitución. E por iso chamamos a toda a cidadanía a acudir coas organizacións ás que pertencen, sos ou coas súas familias, á manifestación que sairá o 13 de novembro en Madrid, ás 12h dende a Porta do Sol.

 

A manifestación acabará coa lectura dun manifesto nun acto ao que non só invitamos ás organizacións e personalidades que apoian a MERP, senón tamén ás institucións que nos apoiaron e que sabemos que van seguir estando como referencia nesta campaña. Por iso queremos invitar a esta institución, a acudir ao acto que se celebrará ao final da manifestación do sábado 13 de novembro, ademais de pedirlle, que traslade á Presidencia do Congreso e á Comisión de Peticións, a proposta de que a blindaxe constitucional das pensións teña un espazo no Parlamento e a MERP, a oportunidade de comparecer ante os grupos da cámara.

 

 

Portavocía MERP

 

 

También te puede interesar
Tags: Galicia, MERP, Mesa Estatal Pola Blindaxe Das Pensións, Pensions

El Consistorio Digital no se responsabiliza del contenido de los artículos remitidos o de opinión, siendo cada autor responsable de sus propias creaciones.

Noticias similares

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Rellena este campo
Rellena este campo
Por favor, introduce una dirección de correo electrónico válida.
Tienes que aprobar los términos para continuar