No hay comentarios

A CNT esixe a resolución do contrato de transporte sanitario da Coruña

 

    • O SERGAS está obrigado a resolver o contrato por incumprimentos graves da empresa contratada

    • O xerente da EOXI da Coruña, Luis Verde, non responde as cuestións prantexadas pola CNT sobre a falta de control do cumprimento da licitación

    • A maiores, o sobrecusto da licitación pode alcanzar un 70%

 

A CNT esixe ao xerente da EOXI da Coruña, Luis Verde Remeseiro, que se resolva o contrato do servizo de transporte sanitario non urxente da área de Coruña e Cee que o SERGAS ten subscrito coa UTE Servicios Sanitarios de La Coruña – Ambulancias María Pita.

A CNT esixe ao xerente da EOXI da Coruña, Luis Verde Remeseiro, que se resolva o contrato do servizo de transporte sanitario non urxente da área de Coruña e Cee que o SERGAS ten subscrito coa UTE Servicios Sanitarios de La Coruña – Ambulancias María Pita.

A esixencia viría respaldada no incumprimento da empresa da súa obriga de renovar todo o parque de ambulancias no prazo de seis meses desde a comunicación da aceptación da súa oferta, praza que tería vencido hai mes e medio. Segundo o estipulado nos pregos da licitación, esta sería unha causa directa de resolución do contrato, polo que o xerente non pode facer outra cousa que cumprir o disposto na normativa.

Con todo, desde a CNT recórdase que este non é o único incumprimento do disposto no contrato por parte da empresa concesionaria. Xa durante a licitación anterior, vixente entre 2016 e 2021 e levada a cabo pola mesma UTE, os incumprimentos foron moi numerosos sen que o SERGAS tivese control en ningún momento sobre estes incumprimentos nin accionase as distintas posibilidades sancionadoras de que dispuña.

Máis aínda, á hora de convocar a nova licitación para o período 2021-2024 aumentou as dotacións económicas polo mesmo servizo en 1.200.000€ anuais, máis dun 70% respecto da licitación anterior. Desde a CNT considérase un uso escandaloso dos bens públicos para favorecer a un empresario amigo e anúncianse novas denuncias penais tanto contra o SERGAS e os seus xestores como contra a empresa concesionaria do servizo.

Lémbrase tamén desde a central anarcosindicalista que “estas concesións de servizos públicos a empresas privadas constitúen sempre unha práctica corrupta por parte da administración, que ten a capacidade de ofrecer estes servizos cos seus propios medios e sen incrementar o custe a base de deixar amplas marxes para o beneficio empresarial” e recorda que o que toca agora “é a recuperación do servizo con subrogación do persoal, que en aplicación da doutrina Correia-Moreira debe ser contratado como persoal laboral fixo do SERGAS”.

 

También te puede interesar
Tags: CNT, CNT Galiza, SERGAS

El Consistorio Digital no se responsabiliza del contenido de los artículos remitidos o de opinión, siendo cada autor responsable de sus propias creaciones.

Noticias similares

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Rellena este campo
Rellena este campo
Por favor, introduce una dirección de correo electrónico válida.
Tienes que aprobar los términos para continuar