8 xuño: Continúa a folga e as mobilizacións no Consocio IeB

 

  • Martes 8 de xuño, oitava xornada da folga da CNT en defensa dos postos de traballo do persoal do Consorcio galego IeB.
  • Repítense as convocatorias de protesta con cazoladas por todo Galicia na tarde do día de folga.
  • Prevista para as 12h no Parlamento de Galicia a presentación de miles de sinaturas de apoio ás traballadoras

Este martes día 8 de xuño está convocada por CNT a oitava xornada de folga no Consorcio galego de servizos de Igualdade e Benestar para buscar unha solución a todas as traballadoras temporais en fraude de lei e abuso de temporalidade independentemente da forma de acceso ao seu posto  (oposición, listas, subrogación,…)

Desde o sindicato CNT anúncianse para as 12h deste día de folga unha concentración de protesta no Parlamento de Galicia co gallo da presentación no seu rexistro das miles de sinaturas de apoio ás traballadoras en folga que foron recollidas nos últimos meses.

E de novo en horario de tarde, desde CNT convócanse as seguintes mobilizacións-cazoladas en distintas comarcas galegas ás que animamos a acudir con todo tipo de instrumentos para facer ruidosa a protesta:

  • A MARIÑA: Concentración en Burela ás 19.30h na Praza do Concello, rúa de Eijo Garay, nº20.
  • OURENSE: Manifestación con saída 19h da rúa de San Lázaro (frente edificio dos sindicatos). Percorrido: rúa Cardenal Quevedo, rúa da Habana ata o cruce coa rúa de Ramón Cabanillas. Finalización diante do edificio da Xunta.
  • O SALNÉS: Concentración en Vilagarcía de Arousa ás 18:30h na Praza de Galicia.
  • O MORRAZO: Concentración Moaña ás 17:30h na Praza do Concello. Rúa As Barxas, nº2.
  • VIGO: Concentración 19:30h na Farola da rúa Urzaiz.
  • FERROLTERRA: Concentración en Fene ás 18:30h na Praza do Concello.
  • A CORUÑA: Manifestación con saída ás  19:30h da Praza da Palloza e finalización na praza de María Pita.
  • COMPOSTELA: Concentración ás 19h na Praza do Toural.
  • O BARBANZA: Concentración en Boiro ás 19:30h na Praza de Galicia diante do Concello.

Con estas protestas trátase de extender e achegar a protesta a todo o persoal das escolas infantís da Galiña azul, centros de día, fogares residenciais e de todos os centros de traballo da rede do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, especialmente ás traballadoras que se ven privadas do dereito á folga debido aos servizos mínimos abusivos decretados.

Búscase a compañía nas mobilizacións das familias usuarias dos servizos do Consorcio que sofren a ineptitude da Xunta para solucionar esta situación de conflito.

E precisase tamén da solidariedade de todo o persoal público temporal de todas as administracións públicas en situación de fraude e abuso de temporalidade que, ao igual que as traballadoras do Consorcio IeB, sendo vítimas da mala xestión das administracións ven agora peligrar o seu posto de traballo que levan anos ocupando debido a inxustos procesos de regularización da temporalidade.

 

 

También te puede interesar
Tags: CNT, Galicia, Sindicatos, Xunta de Galicia

El Consistorio Digital no se responsabiliza del contenido de los artículos remitidos o de opinión, siendo cada autor responsable de sus propias creaciones.

Noticias similares

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Rellena este campo
Rellena este campo
Por favor, introduce una dirección de correo electrónico válida.
Tienes que aprobar los términos para continuar